Que é Avalingua?
Avalingua avalía automáticamente a calidade lingüística dos textos, tanto en galego como en español (a versión para portugués está en desenvolvemento). Partindo dun texto escrito ou dun conxunto de textos, Avalingua fai unha análise pormenorizada mediante o uso de diferentes ferramentas de procesamento da lingua natural (PLN), incluíndo un analizador sintático de dependencias e variados recursos lingüísticos. Foi desenvolvido polo programa de Tecnoloxías da Linguaxe Natural do CiTIUS, Universidade de Santiago de Compostela, Galiza.
Que vantaxes ten esta tecnoloxía?
Permite ir alén dos correctores habituais, pois non só consegue detectar erros ortográficos e lexicais senón que tamén, grazas a un analizador sintáctico automático, identifica problemas gramaticais máis complexos entre palabras relacionadas sintácticamente mais que se encontran a moita distancia unhas das outras.
En que investigación está baseado Avalingua?
Avalingua é un conxunto de módulos de PLN de tecnoloxía híbrida, combinando coñecemento de expertos, heurísticas, recursos lingüísticos e aprendizaxe de máquina. O número de tipos de erros e problemas lingüísticos que se poden encontrar nos textos é tan elevado que está fóra do ámbito de calquera clasificador, pois non existen conxuntos de datos de entrenamento coa suficiente diversidade. Para a avaliación automática de textos, acreditamos que é preciso tecnoloxía híbrida que inclúa coñecemento explícito de expertos. O coñecemento sintáctico é codificado co sistemaDepPattern, un analizador de dependencias compilado desde gramáticas provistas dun formalismo intuitivo para lingüistas.
Cales son as aplicacións de Avalingua?
A aplicación máis directa é no ámbito da educación, con dúas claras direccións: pode ser usado como sistema de monitorización e avaliación de estudantes de primaria e secundaria, ou/e como unha ferramenta de auto-aprendizaxe de linguas segundas para estudantes estranxeiros.